Escoitar

Aprobación inicial de convenio de planeamento urbanístico para a musealización dos restos arqueolóxicos na rúa Marqués de Valladares, 41

venres, 12 xan 2007
A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria de 4 de decembro de 2006 acordou aprobar inicialmente o convenio de planeamento urbanístico transcrito na parte expositiva do mencionado acordo, sobre os solares núms. 39, 41 e 43 da r/Marqués de Valladares, con motivo da conservación e musealización dos restos arqueolóxicos descubertos neles (expte. 4662/401).

Abrése un trámite de información pública polo prazo de 20 días mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión de Galicia.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas interesadas directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.