mércores, 7 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe mércores a Alfonso Ramos como novo xerente do Consorcio Casco Vello, organismo a través do cal o Concello, Zona Franca e a Xunta de Galicia pretenden rehabilitar esta zona da cidade.
venres, 2 set 2005
A Comisión de Seguimento do PXOM estableceu hoxe venres o calendario de actuación para acometer a última fase do Plan Xeral de Urbanismo de cara á súa definitiva aprobación.
martes, 9 ago 2005
A rúa discorre paralela ao segundo cinto desde a avenida Europa. Os primeiros veciños de Navia xa poderán empadronarse en Vigo e acceder ao servizo postal.
xoves, 28 xul 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle ao Pleno da Corporación Local a modificación definitiva do PERI do Calvario, coa delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución.
mércores, 27 xul 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 28 de xullo de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.
xoves, 21 xul 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle ao Pleno da Corporación o inicio do procedemento de constitución dunha sociedade municipal para a xestión urbanística, co obxecto e alcance que se determine durante o proceso.
mércores, 20 xul 2005
A Xunta de Voceiros chegou a varios acordos referentes ao proxecto de construcción de novos aparcadoiros en Areal, Pintor Colmeiro, García Barbón, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e avenida de Castelao.
mércores, 20 xul 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 21 de xullo de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.<br />
<br />
xoves, 14 xul 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo adoptou na súa reunión de hoxe, xoves 14 de xullo, un acordo polo que lle propón á Xunta de Goberno Local que aprobe a relación de postos de traballo correspondente ao persoal da propia Xerencia para 2005.
mércores, 13 xul 2005
A Xerencia de Urbanismo tratará na xuntanza que celebra o xoves, día 14 ás 10 horas, a aprobación definitiva do plan especial de equipamento e infraestructura viaria do campus universitario de Vigo.