Escoitar
Xerencia Municipal de Urbanismo

DELIMITACION DA ZONA SUXEITA Ó DEREITO DE TANTEO E RETRACTO NO CASCO VELLO. EXPTE 4663/401

<br />

venres, 11 ago 2006
A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria de 5 de xuño de 2006 acordou aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da área de tanteo e retracto do casco vello de Vigo, promovido polo Consorcio Casco Vello de Vigo e redactado pola arquitecta Dª Nuria Campos Díaz en abril de 2006.

Abrése un trámite de información polo prazo de VINTE DIAS hábiles, mediante publicación de anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a correspondente publicación ata o remate dos vinte días hábiles.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.