Homenaxe ao cabalo esta fin de semana en Cabral
O sábado 12 e o domingo 13, no monte da Bandeira (Cabral), celébrase o II Torneo de Horseball "Cidade de Vigo", organizado pola Sociedade Hípica de Vigo 1910 coa colaboración da Concellaría de Deportes. O evento, que contará coa participación das seleccións galegas masculina e feminina, enmárcase na V Festa do Cabalo, na que haberá actividades para nenos e maiores, música e polbo.
Xunto ás seleccións galegas, recentes subcampionas no Campionato de España que tivo lugar en Torrejón de Ardoz (Madrid) o pasado mes de xullo, estarán a selección mixta de Castela e León e un combinado galego-madrileño. O torneo desenvolverase o sábado 12 a partir das 09:00 horas cos encontros entre a selección galega feminina e a de Castela e León e, despois, entre a selección galega masculina e o combinado Galicia-madrid. O domingo 13, a partir das 11:00, enfrontaranse a selección galega masculina e o combinado Galicia-Madrid, e a selección galega feminina e a de Castela e León.
Arredor de 80 xenetes e amazonas participarán nesta competición para faceren unha demostración dun deporte que a concelleira Lucía Molares cualificou de "moi vistoso", xa que "combina distinas habilidades", entre as cales sobresae a de manter o equilibrio.
O presidente da Sociedade Hípica de Vigo 1910, Ricardo de la Torre, explicou durante a presentación do evento hoxe xoves que o seu obxectivo é "promover o horseball como deporte de base", e non só de elite. O representante de horseball da Sociedade, Moncho Vázquez, afirmou que a pesar do seu carácter minoritario esta disciplina conta xa cunha "boa" Liga Galega, na que participan Vigo con dous equipos e outras localidades como O Carballiño, Lalín, Santa Comba e Silleda.
O "Cidade de Vigo" enmárcase na celebración da V Festa do Cabalo, organizada pola peña cabalar Grillo Veloz, da Bandeira (Cabral). Así, ademais do torneo de horseball, os que se acheguen ao monte da Bandeira poderán gozar de actividades variadas como xincanas e xogos de habilidade a cabalo para os máis novos, carreiras de burros fariñeiros, solta de kirikas para nenos e dun porquiño que será para quen o atrape.
Ademais, a noite do sábado será amenizada a partir das 23:00 horas por unha orquestra. O domingo haberá gaiteiros e pandeireteiras e poderase degustar un polbo preparado pola polbeira de honor "Tere".
Descargar todas as imaxes