Escoitar

Máis de 130 embarcacións participarán na Regata das Rías Baixas

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, asistiu onte martes á presentación da Regata das Rías Baixas Martín Códax no Club Náutico de Vigo. Máis de 130 embarcacións tomarán a saída na regata por etapas máis importante de España. A flota comporase de barcos galegos, vascos, cántabros, asturianos e portugueses.

mércores, 9 ago 2006
1155125559regatarias080806.jpg
A concelleira de Deporte e Turismo, Lucía Molares, na presentación da Regata das Rías Baixas
A Regata Rías Baixas Martín Códax cumpre no 2006 o seu 43 aniversario cun novo e espectacular récord de participación. En total, haberá máis de 130 barcos na liña de saída, dos cales 120 xa están inscritos a día de hoxe, o pistoletazo de saída á proba máis importante por etapas de Epaña non se dará ata o mediodía do próximo venres, co primeiro recorrido entre Vigo e Baiona.

Na sede do Club Náutico de Vigo presentouse onte a regata, a entidade organizadora da proba xunto á empresa Triente, á que asistiron o director xeral de Bodegas Martín Códax, Juan Vázquez, o presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Turismo e Deportes do Concello de Vigo, Lucía Molares, e como anfitrión Franco Cobas, presidente do Club.

A 43 Regata Rías Baixas Martín Códax desenvolverase entre os días 11 e 15 de agosto, e aínda que repetirá os mesmos portos que o ano pasado, nesta ocasión o recorrido será á inversa. A primeira etapa será o próximo venres, e unirá os portos de Vigo e Baiona, cunha comida de benvida nas instalacións do Monte Real Club de Yates. O día seguinte, sábado, desenvolverase a etapa máis longa, con 23,6 millas de navegación entre Baiona e Ribeira, no extremo norte da Ría de Arousa. A tradicional sardinaza será o punto final da xornada.

O domingo a flota cruzará a ría ata Vilagarcía, 18 millas de proba que acabarán na Marina da localidade arousana, previo á entrega de premios nas instalacións da Bodega Martín Códax. Na penultima etapa, o luns, a regata transcurrirá netre Vilagarcía e Sanxenxo, baixo a atenta mirada do espectacular sede do náutico, que albergou a saída da Volvo Ocean Race en novembro de 2005. Por último a etapa de regreso a casa, 17,2 millas, entre Sanxenxo e Vigo, trala disputa o Real Club Náutico de Vigo vestirase de gala para a entrega de premios os vencedores.

Descargar todas as imaxes