A Praza da Estrela presenta unha nova tarde de Titirirúa
O Teatro de La Luna actuará hoxe martes na Praza da Estrela co motivo do Titirirúa. Ás oito da tarde a comapañía teatral representará "El pequeño conejo blanco", unha historia onde todos os persoaxes son animais: de compañía, de granxa ou domésticos.
Dende o ano 1991 o Teatro de La Luna leva traballando con títeres; as súas propostas escénicas unen arte, teatro e infancia. A partir do ano 1994 a compañía profesional de teatro diseña e realiza o Programa de Talleres Infantís e o Programa de Familias no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Estes titiriteiros chegan, hoxe martes, a Praza da Estrela para deleitar a nenos e pais cunha obra chea de sorpresas.
"El pequeño conejo blanco" trata a historia dun coello chamado Ceferino, é moi despistado. Unha mañá o animaliño sae da súa casa para ir á horta e recoller coles para facerse un caldo, e olvídase cerrar a porta. Cando volta, encontrase unha cabra malvada que lle impide a entrada. Os animais son os mellores complices para reproducir e explicar o mundo dos maiores. A linguaxe dos persoaxes é a propiada para os máis pequenos, con diálogos sinxelos, formas gramaticais simples e repeticións divertidas.
A obra que foi estreada no ano 2001 é unha adaptación dun conto co mesmo título, da colección Libros para soñar de Kalandraka, que obtuvo en 1999 el Premio Nacional de Ilustración.
Descargar todas as imaxes