Vigozoo presenta novas actividades
Educación, conservación e investigación son as tres premisas básicas coas que traballa Vigozoo. Por mor do trixésimo quinto aniversario do zoolóxico puxéronse en marcha novas actividades e profundizáronse noutras, adicadas a nenos e nenas da cidade de Vigo.
O concelleiro delegado do zoolóxico, José Manuel Couto, presentou a mañá do martes nas instalacións da Madroa as actividades de verán de Vigozoo no seu 35 cumpreanos. Este verán os nenos poderán participar de "Un día en el Zoo", do "Campamento XXXV Aniversario", do novo museo e das facilidades que oferta o zoolóxico.
Ata o 16 de setembro os cativos de 8 a 14 anos, familias, grupos de cumpreanos e organizados teñen unha alternativa o tempo libre, "Un Día de Zoo". Esta iniciativa comprende unha xornada completa no parque por 15 euros, coas comidas incluidas ou media xornada con tentempé tamén incluido dende as 9.30 ata as 14.00 horas. Os nenos gozarán con xogos, talleres, manualidades e tocatoca, onde os nenos tocarán animais sen ningún perigo. Os pais que traballen poden deixar os seus fillos nun sistema de gardería que comeza as 08.00 horas.
Durante os días 6 e 7 de setembro celebrarase o "Campamento XXXV Aniversario 2006" nas instalacións de Vigozoo cun custe de 39 euros. Este proxecto pretende inculcar o amor pola natureza ós máis pequenos con visitas guiadas, nocturnas, senderismo, talleres, visión de estrelas, senderismo, etc. Só poderán acudir a cita de 30 a 35 nenos de 8 a 12 anos.
Vigozoo con motivo do seu 35 cumpreanos puso en marcha un museo no que se expoñen fotos antigas do parque e cornamentas, cráneos, mudas de pel de serpentes e insectos disecados. Os nenos ó chegar ó museo deben seguir a pisadas de distintos animais para ver paulatinamente todo o que se expón de forma ordeada. Este centro de exposicións irase completando coa mostra doutros animais ou artefactos segundo os permisos pertinentes das autoridades responsables.
Os vigueses que queran visitar o zoolóxico contan con dous bonos, un familiar para cinco persoas de 25 euros e outro individual de 15 euros, cos que se pode acceder ó parque durante todos os días do ano. Os grupos de máis de 20 persoas aplicaráselle un desconto, mentres os grupos de colexios de Vigo, asociacións non lucrativas e de investigadores disfrutarán dunha entrada gratuita.