Adxudicada a xestión da escola infantil municipal "Santa Marta"
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe venres o concurso de contratación da xestión da escola infantil municipal "Santa Marta", así como os da campaña "O Concello informa" e do mantemento de zonas de interese patrimonial.
A xestión da escola municipal infantil "Santa Marta", do Casco Vello, foille adxudicada ao colexio Los Milagros, por ter presentado unha oferta "axustada ás necesidades municipais" e baremada con 60 puntos sobre un máximo de 60.
O importe aproximado da xestión anual da escola será de 167.000 euros. Ademais, establécese unha cota de 47 euros por cada hora de prestación do servizo fóra do horario e días de funcionamento, e dedícanse 12.000 euros á adquisición de material non inventariable de primeira dotación preciso para a posta en marcha da escola.
Por outra parte, a empresa Canal Uno Comunicación será a encargada de elaborar e desenvolver a campaña de información da actividade municipal "O Concello informa", por un importe de 75.000 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno adxudicou o mantemento das zonas de interese patrimonial á Servicios Medioambientais Forsai, por un prezo de algo máis de 49.000 euros anuais.
Mantemento dos túneles
Así mesmo, o Goberno local resolveu destinar uns 517.000 euros á prórroga do contrato para o mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles e pasos inferiores da cidade. O prezo do contrato será actualizado unha vez se publique o IPC de agosto.
Participación Cidadá
Na área de Participación Cidadá aprobáronse tres proxectos de convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e outras tantas entidades. A primeira delas, a Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro, recibirá 2.885 euros polo aluguer do seu local sociocultural durante 2006, para que nel se leven a cabo actividades de fomento da participación cidadá, a cultura e o lecer. O mesmo se fará por medio do segundo convenio coa Asociación de Veciños "Nosa Terra", de Alcabre. Finalmente, o Concello tamén colaborará coa Asociación de Voluntarios Tecnolóxicos de Galicia na prestación do servizo de obradoiros, conferencias e animación e fomento do uso de internet. A subvención municipal será de 6.500 euros.
Por último, a Xunta de Goberno concedeulle unha subvención de 7.200 euros á Asociación de Axuda aos Enfermos Psíquicos DOA, para atender aos gastos de mantemento dos centros protexidos de Vigo e financiar os seus programas psicosociais durante 2006.
Descargar todas as imaxes