Escoitar

A alcaldesa recibe a Alberto Gago, novo reitor da Universidade de Vigo

O reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, entrevistouse hoxe venres no Concello coa alcaldesa, Corina Porro, na que foi a súa primeira visita institucional. No encontro, Gago e Porro chegaron ao acordo de impulsar os convenios existentes entre as dúas institucións, como o da musealización da vila romana de Toralla.

venres, 4 ago 2006
1154694346reitor.jpg
Ademais, a alcaldesa e o reitor decidiron solicitar a conexión da estrada da Universidade coa autoestrada, así como unha biblioteca pública no centro de Vigo, preferiblemente de carácter estatal, aínda que se non fose posible estudarían outras opcións.

Así mesmo, Alberto Gago recordoulle a Corina Porro a necesidade de máis pisos para mozos e mozas en Vigo, xa que actualmente están cursando os seus estudos universitarios na nosa cidade máis de 400 alumnos estranxeiros cada ano.
Descargar todas as imaxes