SELECCIÓN DO EQUIPO TÉCNICO DO PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS 2006-2008.
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 17 de xullo de 2006, aprobou o procedemento de selección do equipo técnico do Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións 2006-2008", da Concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo, coas seguintes características:
Postos de traballo:
1 TÉCNICO/A SUPERIOR-COORDINADOR/A
1 TÉCNICO/A MEDIO DE XESTIÓN
Duración da contratación:
Ata fin do Plan Local de Drogodependencias 2006-2008) (aprox. 28 meses)
Os/as candidatos/as interesados/as presentarán a documentación necesaria para participar no proceso de selección no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. (Vigo), de 9:00 a 13:00 horas; dirixido á Comisión de Selección do Equipo do Plan Local sobre Drogodependencias, Concellaría de Benestar Social.
Documentación para entregar: Instancia solicitando participar no proceso de selección definindo o posto ao que opte, Currículo Vitae, orixinal da vida laboral, fotocopia das acreditacións e do DNI. No caso de optar a máis dun posto, entregarase instancia, Currículo Vitae, orixinal (ou fotocopia compulsada) da vida laboral, fotocopia das acreditacións e do DNI por cada posto ao que se opte.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación do anuncio.
As bases do proceso de selección, co perfil profesional e baremo estarán dispoñibles nas dependencias da Concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo (na planta baixa da Casa do Concello) e na páxina web http://www.vigo.org
O COORDINADOR DO SERVIZO DE BENESTAR SOCIAL
Rafael Ojea Pérez