mércores, 2 agosto 2006
FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA

Halloween, o rock en estado puro

mércores, 2 ago 2006

A banda internacional, Halloween, actuará en Vigo hoxe, día 2 de agosto, no Auditorio de Castrelos para facer as delicias do seu público. O grupo tocará cancións do seu último traballo editado en 2005, "Keeper Of The Seven Keys. The Legacy". Un disco repleto de rasgos característicos do conxunto: velocidade, hard rock, exquistas composicións, voces e coros, etc.

"O Marisquiño" presenta importantes novidades na súa VI edición

mércores, 2 ago 2006

O Open de Skate "O Marisquiño" celebrarase os días 4, 5, e 6 de agosto nas instalacións de patinaxe da praia de Samil. O evento contará con Gaffity Area da man de Miska & Company, Break dance en halfpipe hormigón con Black Shadows, a presentación nacional dos videoxogos da saga Tony Hawk e o concerto do grupo vigués Canon.

Porro recibe os cónsules de Uruguai en Vigo e Galicia

mércores, 2 ago 2006

A Alcaldesa, Corina Porro entrevistouse a mañá do mércores co cónsul de Uruguai en Galicia e co novo cónsul honorario de Uruguay en Vigo, Gonzalo Koncke e Jorge Burgos, respectivamente. A visita dos diplomáticos foi exclusivamente protocolaria, onde se presentaba a Jorge Burgos.