Escoitar

Os "novos vigueses" recollen os seus diplomas de iniciativa empresarial

A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, entregou hoxe venres no Centro Cívico do Casco Vello os diplomas dos cursos de iniciativa empresarial para inmigrantes realizados en colaboración coa Deputación de Pontevedra dentro do proxecto Cidade +.

venres, 4 ago 2006
1154695812cidademais040806.jpg
Durante o acto, Marta Iglesias afirmou que "Vigo sempre foi unha cidade moi acolledora" e dixo dos inmigrantes que son "os novos vigueses" que a cidade necesita. A concelleira engadiu que a integración destas persoas na nosa sociedade "é labor de todos".

Máis de 400 inmigrantes tomaron parte na fase transversal do proxecto Cidade +, levada a cabo coa colaboración dos concellos, no conxunto da provincia de Pontevedra. A parte inicial do proxecto, xestionada pola Deputación, logrou a inserción laboral de máis de 100 inmigrantes, o que supón unha porcentaxe do 60% dos que participaron nela.
Descargar todas as imaxes