Escoitar
XIII SEMANA DE TEATRO EN FAMILIA

A compañía de teatro Engrata actuará na Praza da Estrela

Engrata representará hoxe mércores, a partir das 20.00 horas, na Praza da Estrela "Pupetes e Fideu presenta: Pista" Un espectáculo circense de clown pensado para nenos mairores de tres anos. A obra mistura teatro con material gráfico que reforza o contido didáctico.

xoves, 3 ago 2006
1154613219engrata2.jpg
Companía Engrata
O obxetivo da compañía é facer que o neno de hoxe sexa o espectador de mañá, xa que e en función do seu acercamento ó mundo do teatro a súa percepción será positiva ou negativa. Engrata non dubida en levar o teatro ás escolas infantís para que a aproximación sexa gradual, cómoda e simpática. Agora, chega á Praza da Estrela para divertir ós nenos vigueses.

A trama da obra desenvólvese ó redor de dous nenos, Pupetes e Fideu. Os nenos xogan a ser detectives, e seguindo "a pista" introduciranse nas dependencias dun circo; toda a historia sucede sen saír da habitación dos pais. Pero "a pista" que alí encontrarán os levará a coñecer moitos secretos que nin eles mesmos imaxinaron.

As actuacións teatrais realizaranse ás 20.00 horas para aproveitar a luz natural, cun público que en edicións anteriores rozou as 1000 persoas diarias, con idades entre 0 e 99 anos. O obxetivo do proxecto e entreter o público de tipo familiar e divertir non só os cativos, senón tamén os adultos que os acompañan. Todas as obras se realizarán na Praza da Estrela, en caso de que as condicións meterolóxicas non fixeran posible poñer en marcha algunha das representacións nesta localización, sempre que dende o punto de vista técnico sexa posible, trasladaríase ao auditorio municipal, onde o aforo limítase a 300 persoas.

Descargar todas as imaxes