Escoitar

Unha de títeres na Praza da Estrela

O importante apoio de Caixanova permite que hoxe luns, 7 de agosto, comeze a terceira edición do Titirirrúa coa comapañía La Canica. As representacións desenvolveranse todos os días desta semana ás 20.00 horas na Praza da Estrela.

luns, 7 ago 2006
1154949382Titeres.jpg
Esta semana, co Titirirrúa, a Concellaría de Festas e Animación Sociocultural pon fin á súa programación teatral para nenos do programa das Festas do Cristo da Vitoria 2006, agardando o mesmo éxito que na XIII Semana de Teatro en Familia, celebrada a pasada semana, na que unhas 1.200 persoas seguiron a diario os espectáculos na Praza da Estrela.

O grupo encargado de estrear o Titirirrúa é La Canica, que trae a Vigo a súa obra "El Elefantito", premiada na prestixiosa Feira Europea de Teatro para nenos de Xixón (FETEN) como mellor espectáculo de títeres. "El Elefantito" inspírase nun conto de R. Kipling. Trátase dun espectáculo a cargo de dúas xóvenes titiriteiras que utilizan distintos mateirais cotíans para dar vida ás personaxes.

O Titirirrúa é un programa pensado para o público familiar, pero adicado ao teatro de títeres, marionetas e obxectos. Dende o luns día 7 ao venres día 11 os máis cativos poderán desfrutar de cinco montaxes nas que se utilizarán distintas técnicas de manipulación de monecos e de obxectos, todos eles inéditos en Vigo e en Galicia.

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, agradeceu a importantísima colaboración de Caixanova para por en marcha os programas de teatro infantil. Este programa teatral está dotado cun presuposto de 20.000 euros.

Descargar todas as imaxes