Vigo vivirá unha noite máxica
O Parque da Riouxa en Teis será o espazo no que se represente a "Noite Máxica de Vigo", mañá martes ás 22.30 horas. Este evento está composto por un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada, xunto á celebración do "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e a actuación de Celtas Cortos, baixo a xestión de Arbot Produccións.
"Noite Máxica de Vigo" forma parte do programa de actuacións organizadas polo Concello de Vigo. No anfitearto do Parque da Riouxa montarase un escenario de 400m², onde se celebrará o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e seguidamente actuará o grupo vallesoletano, Celtas Cortos.
Durante todo o evento percibiranse continuos cambios na envolvencia visual do espazo, tamén xurdirán efectos pirotécnicos puntuais que efectuarán as marcacións para surtir os efectos máis inxeniosos. O evento irá crecendo ata unha apoteoses final onde a iluminación, a pirotecnia, o láser e o son, vanse a fundir dunha forma sincronizada. Dentro da celebración actuarán cerca de 500 gaiteiros dende varios puntos do parque, untilizaranse pantallas Led de gran formato, para conseguir unha proxección de imaxes adecuadas. O broche final estará de mans de Celtas Cortos.
A celebración desta festa de cores e sons durará ó redor de 20 minutos, dos que poden disfrutar xente de todas as idades. A organización será moi rigurosa, para que todo saia sincronizado, estará formada por 146 persoas. O custe do evento roza os 240.000 euros.
Esta primeira edición do "Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo" é unha toma de contacto para próximos anos, nos que se espera chegar a reunir a 12.000 gaiteiros; segundo o representante de Arabot Produccións, Hipólito Cabezas Gómez, debemos buscar en Galicia "espectáculos propios" e exportalos a todo o mundo.
Os patrocinadores deste evento son o Concello de Vigo, Pescanova, Caixanova e Vitrasa. A empresa de transportes porá un servicio gratuito de autobuses-lanzadeira para desprazar a quenes o desexen ó Parque da Riouxa. Os autobuses sairán dende Radio Vigo no Areal mañá martes ata o Parque da Riouxa entre as 21.30 e as 22.00 horas, a volta do recinto de Teis será ó finalizar o concerto, aproximadamente a 01.00 horas, ata o Areal.
Descargar todas as imaxes