Escoitar

Resolución sobre o lanzamento de foguetes

A alcaldesa asinou onte mércores unha resolución na que se prohíbe o lanzamento de foguetes e se revogan todas as autorizacións ás asociacións para o lanzamento de fogos de artificio. Esta resolución foille trasladada a todas as asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio.<br /> <br />

xoves, 10 ago 2006
RESOLUCIÓN


Ó abeiro da competecia municipal en tema de prevención de incendios prevista no artigo 25.2.c) da LBRL e do previsto na Lei orgánica 1/1992, sobre protección da seguridade cidadá e no Decreto 105/2006, de 22 de xuño, da Consellería do Medio Rural,


Primeiro.- Revogar todas as autorizacións concedidas ás asociacións veciñais, culturais, recreativas e de calquera tipo por mor da celebración de festas locais ou culturais deste termo municipal, para lanzamento de foguetes, globos, ou fogos de artificio.

Segundo.- Prohibir con carácter xeral o lanzamento en terreos forestais e nas áreas rurais situadas nunha franxa de 400 metros arredor daqueles, foguetes, globos ou calquera outro artefacto que poida producir ou conter lume, así como prender fogueiras nos mesmos terreos.

Terceiro.- Dar conta da presente resolución á Policía Local, Bombeiros e demais departamentos implicados.

Cuarto.- Dar conta así mesmo á Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" para xeral coñecemento de todas as asociacións veciñais do Concello de Vigo.


Vigo, 9 de agosto de 2006

A ALCALDESA

Corina Porro Martínez

O SECRETARIO XERAL DO PLENO

Jose Riesgo Boluda