O Díptico Ciclista Internacional de Galicia renderá homenaxe a Óscar Pereiro
O Díptico Ciclista Internacional de Galicia terá lugar no contorno metropolitano da nosa cidade os días 18 e 19 de agosto, reunindo o III Gran Premio Área Metropolitana de Vigo e o XXIII Gran Premio Cidade de Vigo.
Este ano o Díptico Ciclista será unha homenaxe a Óscar Pereiro, un deportista "moi vinculado ao ciclismo da nosa área", segundo afirmou a concelleira de Deportes, Lucía Molares, durante a presentación do evento, hoxe venres.
Na proba participarán sete equipos de varios países europeos, que na maioría dos casos están a desputar nestes momentos a Volta a Portugal, polo que se espera que cheguen a Galicia nun moi bo estado de forma. Ademais o Díptico Ciclista servirá para que Álvaro Pino poida resolver dúbidas en relación a qué ciclistas formarán parte dun futuro equipo galego profesional.
O III Gran Premio Área Metropolitana desputarase o venres 18 cun itinerario de 151,2 kilómetros, con saída e chegada en Vigo e paso por lugares como Mos, Redondela, Pontearaeas, As Neves e Nigrán.
O XXIII Gran Premio Cidade de Vigo será o sábado 19. Consistirá nun circuíto de 12,7 kilómetros ao que os corredores deberán dar 10 voltas. O punto de partida e de chegada situarase na avenida Fragoso e o percorrido inclúe a avenida Florida, o Segundo Cinto e a rúa Pablo Iglesias.
Descargar todas as imaxes