Aprobada unha campaña para dar a coñecer a Inspección Técnica de Edificios
A Xerencia Municipal de Urbanismo iniciará unha campaña de divulgación da Inspección Técnica de Edificios (ITE), para que os propietarios de edificacións coñezan o seu contido e repercusións. Para iso, buscará a colaboración da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" e dos colexios oficiais dos técnicos correspondentes.
Esta iniciativa, proposta polo concelleiro do BNG Henrique Viéitez e aprobada por unanimidade hoxe xoves polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, pretende "corrixir as posíbeis discriminacións" ás "persoas que menos oportunidades teñen na nosa sociedade" e que "non dispoñan dos recursos económicos suficientes para realizar a Inspección Técnica de Edificios".
Na exposición da súa proposta, Henrique Viéitez afirmou que en Vigo hai unhas 4.000 familias vivindo en edificios anteriores a 1919 e formadas por persoas maiores que, por problemas de comprensión, poden ter dificultades á hora de aplicaren a ordenanza municipal.
Para a realización desta campaña de divulgación, a Xerencia de Urbanismo buscará a colaboración dos axentes sociais e profesionais, nomeadamente a Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" e os colexios oficiais dos técnicos correspondentes.
Así mesmo, a Xerencia estudará a posibilidade dun convenio de colaboración entre o Concello, a Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" e os colexios oficiais, no que se recollerían as determinacións necesarias para realizar a ITE, procurando establecer, ao mesmo tempo, prezos axeitados e facilidades de pagamento para o cumprimento deste requisito urbanístico.
Ademais, a Xerencia acordou o desenvolvemento da normativa da ITE no seu apartado da disposición adicional terceira, para regulamentar o acceso ás subvencións, así como as contías máximas e os requisitos destas.
A Inspección Técnica de Edificios establece a obriga formal dos propietarios de edificacións de acreditar o cumprimento do deber de conservación imposto pola normativa urbanística e a propia ordenanza mediante un informe expedido por un técnico competente.
Subestación do Castro
Por outra parte, o Consello da Xerencia acordou por unanimidade proporlle á Xunta de Goberno Local que teña por desistida a Unión Fenosa nas súas reclamacións indemnizatorias formuladas a raíz da anulación xudicial da licenza concedida para a instalación dunha subestación eléctrica nas rúas Don Bosco e Enrique Bleim.
Descargar todas as imaxes