Escoitar

Os produtos da campaña "De boa man" xa están á venda na rúa Progreso

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, inaugurou hoxe mércores na rúa Progreso o punto de venda da campaña "De boa man", que ten por obxectivo a divulgación de artigos de artesanía realizados por persoas con discapacidade. Nesta X edición da campaña "De boa man" participan oito asociacións.

mércores, 7 xuñ 2006
1149684326deboaman070606.jpg
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, na inauguración do posto de venda
Cada unha destas asociacións conta con obradoiros onde persoas con discapacidade elaboran produtos artesáns para a súa posterior venda. Así, no posto da rúa Progreso pódense comprar desde artigos de coiro ata marmeladas caseiras, pasando por cestos, plantas medicinais, roupa e obxectos feitos con papel reciclado.

As oito asociacións que colaboran con esta campaña a través dos seus obradoiros son Alento (Asociación de Dano Cerebral de Vigo), APAMP (Asociación de Pais de Minusválidos da Provincia de Pontevedra), ASPANAEX (Asociación a prol das Persoas con Discapacidade Intelectual), ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo), COGAMI (Confederación Gallega de Minusválidos), Doa (Asociación de Axuda ao Enfermo Mental), Menela (Fundación a prol das Persoas con Transtorno do Espectro Autista) e San Rafael (Hogar y Clínica de San Rafael, Hermanos de San Juan de Dios).

Marta Iglesias mostrou o seu desexo de que a campaña "De boa man" sexa "un éxito de público máis unha vez" nesta X edición.

O posto de venda da rúa Progreso estará aberto ata o sábado pola mañá.
1149684326deboaman070606.jpg
1149684395deboaman070606b.jpg
Descargar todas as imaxes