Tráfico estudará a proposta de establecer catro rotas de carril bici
O Departamento de Tráfico estudará a posibilidade de establecer catro rotas de carril bici en Vigo, de acordo coa proposta presentada hoxe mércores polo Valedor do Cidadán, Luis Espada.
Esta proposta, elaborada pola Fundación Vigueses Distinguidos, o Concello e a Universidade de Vigo, recóllese nun estudo no que se analizaron os diferentes itinerarios segundo un conxunto de criterios que inclúe o estado do firme, a iluminación, os desniveis, os accesos para vehículos de rodas, os cruces de rúas, as sinalizacións, os puntos de amarre, as vistas, as áreas de descanso, os servizos e o grao de dificultade do percorrido.
Como resultado desta análise, o estudo propón catro rotas de carril bici. A primeira delas é o "Carril eurovelo", que vai da zona da Etea á praza de América, seguindo dúas rotas alternativas. A primeira destas alternativas, partindo da zona de Bos Aires, pasa por travesía de Vigo, Pizarro, a praza de España e Gran Vía. A segunda discorre pola rúa Aragón, avenida de Madrid, praza de España e a avenida das Camelias. A partir da praza de América habería tres rotas optativas: avenida de Citroën, Samil ou Beiramar.
O segundo camiño, denominado "Gran carril litoral", comeza na Guía e acaba en Samil, pasando antes por Guixar, Isaac Peral, Beiramar, Bouzas e a avenida da Atlántida.
O terceiro percorrido, que comeza na rotonda de Isaac Peral, chámase "Carril centro" e discorre por García Barbón, a Porta do Sol e López Mora ata chegar á praza de América.
Finalmente, a cuarta e última rota, englobada baixo o termo "Corredor verde do Lagares", comeza na avenida de Madrid, pasa por Sárdoma, Castrelos, as avenidas de Balaídos e da Florida e acaba en Samil.
As lonxitudes aproximadas de cada un destes carrís son 13 kilómetros, para o "Carril eurovelo"; 14, para o "Gran carril litoral"; catro, no caso do "Carril centro", e oito, no do "Corredor verde do Lagares".
Por outra parte, a proposta do Valedor do Cidadán inclúe información de interese sobre cada unha das rotas, como os sentido da circulación en cada tramo dos percorridos e o número e anchura dos carrís para vehículos motorizados, así como a dos carrís bici. O estudo tamén especifica o tipo de aparcamento en cada zona, a anchura das beirarrúas e outros aspectos relevantes como a densidade do tráfico e a existencia de zonas de recreo, pontes, fontes e miradoiros.
A alcaldesa, Corina Porro, entregou "hoxe mesmo" o estudo do Valedor do Cidadán ao Departamento de Tráfico para que analice a posibilidade de establecer as rotas propostas nel. Segundo Corina Porro, os carrís bici axudarán a desenvolver un "modelo de mobilidade sostible", promovendo un medio de transporte que é "saudable e non contamina".
Descargar todas as imaxes