Escoitar

Batalla de Flores

O venres día 9 o centro de Vigo converterase nun campo de batalla… de flores. Por segundo ano consecutivo despois de máis de tres décadas de ausencia, a Batalla de Flores encherá de luz e cor o centro de Vigo. O tema desta edición será a primavera.

xoves, 8 xuñ 2006
1149770692batallaflores.jpg
O desfile partirá ás 20:00 horas da rúa García Barbón (á altura da rúa Serafín Avendaño), pasará por Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol. Durante o traxecto lanzarase confeti desde cada unha das carrozas, que contarán con cadanseu canón achegado polo Concello, e desde 110 baterías instaladas ao longo do percorrido.

A celebración será amenizada, ademais, por tres charangas e varios grupos de animación contratados polo Concello, que actuarán caracterizados de acordo coa temática primaveral escollida para a Batalla de Flores deste ano.

No desfile participarán 250 voluntarios da Federación de peñas "El Olivo" e da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, que colaboran coa Concellaría de Festas e Animación Sociocultural na organización do evento. Dez minutos antes do inicio do desfile, os voluntarios repartirán 50.000 serpentinas entre as decenas de miles de persoas que o Concello espera asistan á celebración.
Descargar todas as imaxes