Santi Domínguez presenta a visita de Os Bolechas a Vigo e un puzzle das Cíes como instrumentos de promoción da cidade

martes, 2 feb 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes un novo título da colección Os Bolechas van de viaxe centrado na súa visita a Vigo e un puzzle das illas Cíes como instrumentos de promoción da cidade. Santi Domínguez salientou que con estas iniciativas se quere "achegar aos nenos e nenas a nosa cidade levándoos de viaxe".

A Copa do Mundo de Hípica Vigo 2010 celebrarase no Ifevi entre o 12 e o 14 de febreiro cos mellores xinetes

mércores, 27 xan 2010

O recinto feiral de Vigo acollerá por noveno ano consecutivo a Copa do Mundo Hípica, que se celebrará entre o 12 e o 14 de febreiro. Na presentación da Rolex FEI World Cup Jumping, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que se trata dunha proba xa "incardinada na estrutura da cidade" que por unha banda promociona a cidade e por outra potencia o deporte de base.

Santi Domínguez salienta a boa marcha da construción da residencia de Apamp en Navia para persoas con dano cerebral

venres, 15 xan 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres a súa satisfacción pola boa marcha das obras de construción da nova residencia e centro de día da asociación Apamp que se están acometendo en Navia. No encontro que o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar María Méndez mantiveron coa directora de Apamp Conchi Somoza e o seu presidente Daniel Varela, o nacionalista afirmou que a visita amosa o apoio das áreas da Tenencia de Alcaldía as entidades que traballan coas persoas con discapacidade.

O tenente de alcalde expresa a solidariedade cos traballadores de Alfageme e insta á Xunta a asumir as súas competencias

mércores, 13 xan 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este mércores a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras de Alfageme e instou á Xunta de Galiza a que asuma as súas competencias. Tras a xuntanza que mantivo co comité de empresa das plantas de Vigo e Ribadumia, o tenente de alcalde anunciou asemade que o BNG "estará vixiante para evitar especulacións cos terreos de Alfageme".

A feira "Espacio Atlántico" presenta como novidade a creación dunha colección de arte, que será depositada no Marco

venres, 8 xan 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este venres que a cuarta edición da feira "Espacio Atlántico", será unha convocatoria totalmente renovada e que impulsa a súa relación coa cidade. A feira, que se celebrará no IFEVI do 14 ao 17 de xaneiro está "xa totalmente consolidada" segundo afirmou o tenente de alcalde, e presenta como novidade a creación dunha colección de arte propia, que será depositada no museo Marco.

O tenente de alcalde afirma que a Copa do Mundo de Enduro amosa a gran capacidade organizativa de Vigo

xoves, 7 xan 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este xoves que a Copa do Mundo de Enduro Indor que se celebrará no IFEVI o vindeiro sábado, 9 de xaneiro, amosa a gran capacidade organizativa da nosa cidade. Na presentación que hoxe tivo lugar no recinto feiral, o tenente de alcalde salientou que se trata de primeira vez que Vigo acolle esta proba do Campionato do Mundo, tras o éxito acadado o pasado ano do I Enduro Indoor Turismo de Vigo.

Trece carrozas e máis de 1.000 persoas forman a comitiva que acompañará na cabalgata aos Reis Magos

luns, 4 xan 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, suprevisaron hoxe os últimos preparativos da montaxe das carrozas que transportarán as Súas Maxestades os Reis Magos mañá polas rúas da cidade. A cabalgata deste ano, que ten como temática a celebración do Bicentenario da cidade, estará integrada por 13 carrozas e outros 19 grupos de animación e acompañamento.

A pista de xeo estará instalada na explanada do Náutico do 24 de decembro ao 20 de xaneiro

mércores, 23 dec 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este mércores que a pista de xeo estará instalada na explanada do Náutico dende o xoves, 24 de decembro, ao 20 de xaneiro. Na súa presentación, salientou que se enmarca dentro das actividades organizadas polo Concello de Vigo no Nadal que "xa é un clásico" e que este ano foi posible grazas a Gadis, empresa sen a que sería "moi complicado que a cidade tivera pista de xeo".

O tenente de alcalde inicia no mercado de Teis o reparto da Axenda dos Mercados Municipais

martes, 22 dec 2009

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, iniciou este martes no mercado de Teis o reparto dos 4.000 exemplares da Axenda dos Mercados Municias. Tras a súa distribución no mercado de Teis, a axenda repartirase tamén nas instalacións do Berbés, Bouzas, Cabral, Progreso e Travesas, de xeito que os vendedores e vendedoras teñan "un instrumento para difundir e dar a coñecer" estes establecementos municipais cos que agasallar aos seus clientes.<br />