O tenente de alcalde afirma que a Copa do Mundo de Enduro amosa a gran capacidade organizativa de Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este xoves que a Copa do Mundo de Enduro Indor que se celebrará no IFEVI o vindeiro sábado, 9 de xaneiro, amosa a gran capacidade organizativa da nosa cidade. Na presentación que hoxe tivo lugar no recinto feiral, o tenente de alcalde salientou que se trata de primeira vez que Vigo acolle esta proba do Campionato do Mundo, tras o éxito acadado o pasado ano do I Enduro Indoor Turismo de Vigo.
Santi Domínguez destacou que o éxito que acadou esta proba na convocatoria do ano pasado "amosa o interese que existe en Vigo polo mundo do motor". Na súa intervención asegurou que os vigueses e viguesas que acudan ao IFEVI o vindeiro sábado poderán disfrutar dun espectáculo do "máximo nivel", xa que está prevista a participación dos mellores pilotos do mundo, como Iván Cervantes, cinco veces campión do mundo, Mika Ahola, Taddy Blazusiak e David Knight.
"Traer probas á cidade deste tipo non é doado, pero todos os esforzos económicos e técnicos merecen a pena", sinalou o tenente de alcalde. Ao seu xuizo, estes esforzos contribúen por unha banda a que Vigo sexa un referente mundial no eido deportivo, e por outra serven para que garantir o disfrute dos vigueses e viguesas.
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou que coa celebración deste campionato Vigo comeza o ano "con forza", xa que a Copa do Mundo de Enduro Indor se suma á Supercopa de Futbol Sala que ten lugar hoxe e mañá. "Isto demostra que Vigo ten a capacidade de organizar calquera evento deportivo", afirmou.
O piloto de O Porriño, Xacobo Agra, explicou as novidades que nesta convocatoria presenta a pista, que farán incrementar a espectacularidade do campionato. Neste sentido mencionou a cascada con auga, "seguramente será o máis chamativo da proba", salientou ao respecto. Lembrou o difícil que é contar na cidade cun campionato do mundo, polo que agradeceu á implicación do tenente de alcalde e manifestou a súa confianza en que o público "responda".
Descargar todas as imaxes