venres, 8 xan 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este venres que a cuarta edición da feira "Espacio Atlántico", será unha convocatoria totalmente renovada e que impulsa a súa relación coa cidade. A feira, que se celebrará no IFEVI do 14 ao 17 de xaneiro está "xa totalmente consolidada" segundo afirmou o tenente de alcalde, e presenta como novidade a creación dunha colección de arte propia, que será depositada no museo Marco.
venres, 8 xan 2010
Amosar a importancia da conservación da biodiversidade en todas as súas facetas é un dos principais obxectivos do novo programa de actividades educativas para 2010, organizado dende Vigozoo, que tamén inclue no presente ano a novidade de convocar campamentos organizados polo departamento de Educación . Como vendo sendo habitual, a poboación máis nova que se interesa polas instalacións do zoo vigués ten a súa disposición variadas opcións de visita e convocatorias difenciadas.
venres, 8 xan 2010
Punto Xove e a Casa da Xuventude organizan para a vindeira semana unha exposición sobre o consumo responsable, unha charla informativa sobre bolsas e prácticas en Europa e unha mostra de pintura de Oscar Lorenzo.
Mobilidade e Seguridade
venres, 8 xan 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe dun guindastre de <br />
obra, a realizar pola empresa Constructora San Jose, estará pechada ao tráfico a rúa Rosalía de Castro, á altura do número 02, con acceso exclusivo para garaxes, o sábado e domingo 09 e 10 de xaneiro de 2010.Desvíos polas rúas Colón, Uruguay e República Arxentina.