martes, 5 xaneiro 2010

O alcalde visita a nova escultura da rotonda de Balaídos e avanza un novo deseño para o frontal do estadio

Abel Caballero acudiu hoxe martes a visitar a nova escultura disposta na rotonda de Balaídos, na confluencia de Fragoso, Val Miñor e a Avenida de Balaídos, erixida por Matrero o pasado ano no Certame de Escultura en Pedra convocado pola Asociación Veciñal de Valadares. O alcalde afirmou nesta zona estanse a levar a cabo humanizacións por valor de 10 millóns de euros, e avanzou que o Concello está a deseñar unha nova disposición do frontal do estadio de Balaídos, xunto a Manuel de Castro.

Os Reis Magos adicaron á maña a visitar os hospitais e o asilo e recolleron as últimas peticións na Praza do Rei

martes, 5 xan 2010

As Súas Maxestades Os Reis Magos chegaron hoxe pola mañá a Vigo e adicaron as súas primeiras horas na cidade a visitar aos nenos e nenas viguesas que están nos hospitais. Tamén acudiron ao asilo dos Ancionaos Desamparados e ao Centro de Emerxencia de Mulleres. No seu percorrido fixeron un alto na Praza do Rei para participar na festa infantil, onde recolleron as últimas peticións dos máis cativos e recuperaron forzas cunha chocolatada.