Os Reis Magos adicaron á maña a visitar os hospitais e o asilo e recolleron as últimas peticións na Praza do Rei
As Súas Maxestades Os Reis Magos chegaron hoxe pola mañá a Vigo e adicaron as súas primeiras horas na cidade a visitar aos nenos e nenas viguesas que están nos hospitais. Tamén acudiron ao asilo dos Ancionaos Desamparados e ao Centro de Emerxencia de Mulleres. No seu percorrido fixeron un alto na Praza do Rei para participar na festa infantil, onde recolleron as últimas peticións dos máis cativos e recuperaron forzas cunha chocolatada.
Os Magos de Oriente foron recibidos ás portas do centro médico Povisa polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, que lle deu a benvida á cidade e pediulle que foran moi xenerosos esta noite con todos os nenos e nenas viguesas. Xa na Praza do Rei o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura agardaron a chegada dos Reis para participar na festa infantil na que houbo diferentes actividades de animación e unha chocolatada. Os pequenos tiveron ocasión de achegarse a Melchor, Gaspar e Baltasar para facer as peticións de última hora.
Esta tarde todo terán unha nova oportunidade de ver aos Reis Magos na cabalgata que sairá as 18:30 horas da rúa Venezuela e percorrerá Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias e Praza de América. A comitiva deste ano ten com o temática a celebración do Bicentenario da cidade e, por iso, as carrozas reis teñen como motivo central o Olivo, o Vigo mariñeiro e o Sireno. Ao logo do percorrido repartiranse 4.000 kilos de caramelos sen glutem.
Descargar todas as imaxes