Escoitar

Hoxe póñense á venda as entradas para a Supercopa de fútbol sala, que se celebra os días 7 e 8 no pavillón de As Travesas

As entradas para a Supercopa de España de fútbol sala, que se disputará os vindeiros días 7 e 8 de este mes (xoves e venres) no pavillón central do IMD das Travesas, poranse á venda esta mesma tarde nos despachos de billetes do complexo deportivo municipal vigués. A organización fixou uns prezos populares de 6 euros para a xornada de semifinais e de 10€ para a final. Ademais, o abono para ver as dúas xornadas será de 12€. Os menores de 15 anos poden entrar de balde presentando o DNI ou documento acreditativo da idade ata completar aforo.

luns, 4 xan 2010
A organización tamén pensou no público local: o afeccionado que teña carné Siareiro Elite desta tempada 2009/10 poderá retirar no despacho de billetes unha entrada cada xornada de forma gratuíta, coa presentación do carné e do DNI. Esta oferta realizarase só ata completar o aforamento. O pavillón das Travesas ten capacidade para 3.300 espectadores sentados.

As semifinais da Supercopa, o xoves, son: El Pozo Murcia Turística-FC Barcelona (18:00 horas) e Inter Movistar-Xacobeo 2010 Lobelle Santiago (21:00). A final entre os gañadores das semifinais, o venres ás 21:00 horas.

O horario de despacho de billetes é o seguinte:

Data---------Horario de mañá----Serán

Luns 4-------xxxxxxxxxxxxxxx----17:30-20:00
Martes 5-----11:30-13:30--------xxxxx
Mércores 6---xxxxxxxxxxxxxxx----xxxxx
Xoves 7------11:30-13:30--------Dende as 16:30
Venres 8-----11:30-13:30--------Dende as 19:00