O alcalde ofrece a planta baixa do edificio Asefal para un centro de atención integral ao alzheimer
Abel Caballero entrevistouse este luns, na súa primeira reunión do 2010, coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, entidade que estuda conxuntamente co Concello a ubicación dun centro integral para os pacientes e familiares desta enfermidade. O alcalde mostroulles o seu "apoio absoluto" para crear en Vigo o centro "referencial" de Galicia da atención ao Alzheimer.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este luns á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer a planta baixa do antigo edificio Asefal, no paseo de Alfonso, para ubicar un centro de atención integral "referencial" en Galicia.
O rexedor municipal quixo manter a súa primeira entrevista do ano con este colectivo social, que precisan dunha ubicación para establecer un centro de atención tanto a enfermos como a familiares. Na entrevista baralláronse distintas posibilidades a estudar, das que prima o edificio Asefal.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa posterior, con esta posible ubicación céntrica integraríase ao colectivo na cidade. Abel Caballero transmitiulles o "apoio absoluto do goberno local ás actuacións sociais deste territorio".
Descargar todas as imaxes