Escoitar
Animación Sociocultural e Festas

Bando do plan de tráfico da Cabalgata de Reis 2010

<br /> <br /> <br />

mércores, 30 dec 2009
Co gallo da celebración da Cabalgata de Reis que terá lugar nesta localidade o día 5 de xaneiro de 2010, ocupando as rúas Venezuela (entre Emilio Blein Budiño e Panamá), avda. Camelias, rúa Álvaro Cunqueiro, avda. Camelias e praza de América (remate). Zona de desmontaxe: Gran Vía, (dende praza de América a Baixada ao Castaño).

Cortes de tráfico:

- Ás 16:00 horas cortarase o tráfico na rúa Venezuela co fin de montar a comitiva do desfile de carrozas.
- Ás 17:30 cortarase o tráfico nas rúas Camelias e Álvaro Cunqueiro. Cortaranse á mesma hora as transversais ao dito percorrido.
Co gallo das ditas restricións de paso, atoparanse afectadas e terán restricións de paso as rúas Pilar, Blein Budiño, Marqués de Alcedo con saída a Venezuela, Hispanidade, Romil, Don Quijote, Álvaro Cunqueiro, Pintor Lugrís, Pintor Laxeiro, López Mora, Coruña, avenida de Castelao, Florida e Gran Vía.
Aconséllase aos vehículos que proveñan da zona de San Paio de Navia, Bouzas, Samil, Florida e Gran Vía con dirección á praza de América, que utilicen as alternativas que proporcionan as avenidas de Arquitecto Palacios e Beiramar.
Horario previsto:
15:00 horas: Comezo do despregue do persoal auxiliar de organización ao longo do percorrido e da concentración da comitiva Real.
18,00 horas: Grupos de animación en percorrido.
18,00 horas: Acto de recepción das autoridades ás SS MM Os Reis Magos, na escalinata do Monte do Castro rúa Camelias.
18:30 horas: Saída oficial da Comitiva Real dende o cruce Venezuela con Emilio Blein Budiño.
20:30 horas: Remate e despedida da cabalgata.


Vigo, 17 de novembro de 2009

O Alcalde,
Abel Caballero Álvarez