Escoitar

O concelleiro de Urbanismo presenta o plan para o ámbito da Falcoa

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou hoxe o plan parcial no ámbito de Falcoa, dentro do desenvolvemento do PXOM, donde sobre unha superficie total de 127.000 metros cadrados van destinados 74.000 para vivendas, das que 313 son protexidas e 510 libres, ademáis amplos espazos para zonas verdes. O Concello de Vigo presentará a primeiros de 2010 as actuacións que se levan a cabo nos ámbitos de Poulo, Peteta e Macal.

martes, 29 dec 2009
1262095631urbanismo1.jpg
Mariño matizou que en relación co PXOM se levan planificados sete millóns de metros cadrados nun ano. Dacordo co ámbeto de Falcoa, desde a Xerencia de Urbanismo mantiverónse reunións personalizadas con propietarios das vivendas afectadas pola actuación na devandita zona, lugar no que se atopan sete casas distribuidas por terreos nos que predominan as fincas de cultivo. Falcoa, situado a carón do vial da Universidade e por debaixo do Monte da Mina, constitue un punto destacado da integración urbana do vial da Universidade.

O concelleiro de Urbanismo salientou que como en outros plans, na Falcoa destinanse 13.000 metros cadrados a zona de recreo e 7.000 a equipamentos. Nese sentido, Mariño fixo referencia que se busca que as parcelas teñan grandes zonas verdes, estean ben posicionadas e non conteñan erros na súa planificación. No caso da edificabilidad, desde Urbanismo se proxectaron tres grandes ramas: bloques, adosados e vivendas unifamiliares.

O ámbito de Falcoa forma parte do plan de Urbanismo orientado, por unha banda, a execución da ronda periurbana e, por outro, adecuar os principais corredores verdes que se queren para a cidade de Vigo. Asemesmo o acceso a Universidade vaise a convertir no soporte do eixo de desenvolvemento urbano que inclue un corredor verde dotacional. O importe total deste ano para os ámbitos citados ascende a 845.000 euros.

Una vez presentado o ámbito de Falcoa, procederase a aprobación inicial do documento, a continuación abrirase o plazo de alegacións que dará paso a aprobación definitiva antes de ser enviado a Xunta de Galicia. O PXOM contempla a redacción de 480 ámbetos e 60 ordenacións detalladas. Urbanismo dará a coñecer en próximas datas o informe anual da tramitación do PXOM en 2010, según manifestou José Mariño.

1262095631urbanismo1.jpg
1262095644urbanismo2.jpg
Descargar todas as imaxes