O alcalde califica 2009 como ano da transformación de Vigo
O alcalde, Abel Caballero, recordou hoxe que a cidade experimenta a mellor transformación da súa historia coa posta en marcha dos plans de humanizacións que se levaron a cabo nas rúas de Vigo neste ano que remata. As declaracións do alcalde foron feitas con motivo do balance do 2009 na administración que preside Abel Caballero, quen valorou como brillante no eido municipal o ano que remata, aínda que tamén ten un matiz complexo por mor da crise económica e aumento do desemprego.