Bombeiros, Policía Local e Limpeza atenderon 172 incidencias a pasada noite polo temporal
Os servizos municipais do Concello de Vigo atenderon esta pasada madrugada un total de 172 incidencias causadas polo temporal, 19 delas levadas a cabo polos Bombeiros, 65 pola Policía Local e 88 por Limpeza.
Desde as 21 horas de onte ata as 06 horas desta mañá, os servizos de Limpeza levantou un total de 88 contedores derrubados polos fortes ventos -a instancias da Policía Local- maioritariamente polo centro da cidade, o litoral, o barrio de Coia e o rural.
Os Bombeiros, pola súa banda, actuaron en 19 incidencias durante a noite, como a retirada de varias planchas de teitos e elementos das fachadas en risco de caída -como aconteceu no Hospital Xeral-, de varios árbores e postes derrubados. Tamén retiraron varias chapas de uralita desprendidas, das que unha impactou contra a fachada do hipermercado Alcampo da Avenida de Castelao, que precisou da actuación en altura dun retén durante máis de dúas horas. Outro desprazamento de relevancia tivo lugar en San Roque, onde parte dun muro dunha vivenda caíu hacia o interior da mesma sen causar feridos.
A Policía Local realizou 65 saídas derivadas do forte temporal, principalmente para a retirada de distintos elementos caídos -como postes, vallas ou contedores- e para atender os puntuais curtes do suministro eléctrico -en puntos das rúas Cesáreo Vázquez, Rosal Florido, Xestoso, Ricardo Mella e Outeiro, e en algunhas zonas de Cabral, Coruxo e Canido- que foron reparados por Fenosa ás 00:40 horas, a instancias da Policía Local. Un total de catro vehículos estacionados resultaron golpeados por algún dos elementos derrubados polo vento.