O tenente de alcalde anuncia a apertura hoxe dun centro de emerxencia temporal de frío no pavillón do Berbés
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este mércores que ás 22 horas de hoxe mércores abrirá no pavillón do Berbés un centro de emerxencia provisorio con 30 prazas. Santi Domínguez subliñou que ante a existencia de persoas sen teito que en Vigo están a durmir na rúa, a Xunta "mira para outro lado" e despilfarra os cartos públicos por "cabezonería política", mentres que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía e a concellería de Benestar "non miramos para outro lado e cumprimos coa nosa responsabilidade política".
"A Xunta debería calar e non dicir nada cando se trate de servizos sociais e algún ou algunha líder do PP debería sonroxarse diante dos menos desfavorecidos", destacou o nacionalista. Santi Domínguez lembrou que o BNG xa dixo que a alternativa que a Xunta puxera en marcha era un despilfarro de 200.000 euros e non era a solución. "Co paso do tempo tense demostrado que hai moitos indixentes que siguen sen ter un teito baixo o que durmir", asegurou.
O tenente de alcalde explicou que o "parche da Xunta" non funciona polos requisitos que se esixen á hora de tratar de entrar ao albergue do pai Carlos. Sinalou que só acepta 19 pernoctacións por persoa e non permite a entrada a mulleres, entre outra. Ao respecto, a concelleira de Benestar Social indicou que estas instalacións, que non abre os días de Nadal, están ao 50% da súa capacidade e nelas se lles está negando a entrada ás persoas sen teito.
Pola contra, tanto Santi Domínguez como María Méndez destacaron que no albergue habilitado no pavillón do Berbés, "decisión temporal mentres dura o frío" segundo o tenente de alcalde, ten unha capacidade de 30 prazas e nel poderán entrar as persoas que o precisen a partir das 22 horas de hoxe mércores. De 22 a 23 horas será o horario de recepción e ás 8 horas da mañá deberán abandoar as instalacións. A concelleira de Benestar Social puntualizou que o único requisito para entrar é non fumar no interior do recinto e afirmou que estará atendido por un educador e contará cun garda de seguridade.
"No Partido Popular deberían ter a suficiente vergoña política para recoñecer que non cren na igualdade de oportunidades", dixo o tenente de alcalde. Por outra banda, Santi Domínguez asegurou que pese a abrir este novo dispositivo contra o frío, o BNG seguirá reclamando a a apertura do centro de emerxencia na Gota de Leite. Asemade, explicou que o albergue provisorio non se abríu na antiga escola de hostelería posto que a propia Xunta dixo que non reunía os requisitos legais necesarios.
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social si pensamos nas persoas e si gobernamos para a xente", afirmou María Méndez. Ademais, subliñou que o BNG si cre "nas políticas sociais e nun sistema de de benestar para todos e todas" e criticou que todos os plans postos en marcha pola Vicepresidencia do anterior goberno da Xunta "están sendo eliminadas polo PP".
A concelleira de Benestar Social reiterou que Vigo está sendo discriminada por parte da Xunta, posto que é a cidade con máis persoas sen teito de Galiza. Neste sentido afirmou que o PP está demostrando que non pensa en absoluto neles e que, tal e como manifestou o tenente de alcalde, leva a cabo unha política de despilfarro "como xa o demostrou ao non abrir a Gota de Leite" tras o investimento de 265.000 euros que fixo a Vicepresidencia do anterior goberno galego.
Respecto aos pisos de integración de Benestar Social, María Méndez explicou que a Concellería conta con dous dispositivos, un de 8 prazas para homes e outro de 5 para mulleres. Neste sentido e respecto ás críticas manifestadas polo PP nas que afirmaban que esta iniciativa non estaba a funcionar, indicou que na actualidade o piso destinado a homes ten 6 prazas cubertas e que nos vindeiros días se incorporarán dúas novas persoas e xa hai lista de agarda. Respecto ao piso para mulleres sinalou que este ano non houbo peticións. María Méndez explicou que as persoas que se incorporan a estes pisos están inmersas nun proceso de inclusión social, co obxectivo de tratar de normalizar as súas vidas.
Descargar todas as imaxes