Escoitar

O alcalde entrega os diplomas dos cursos de formación organizados pola Oficina Municipal de Voluntariado o longo do ano 2009

Mais dun cento de voluntarios e voluntarias da cidade recollerán hoxe martes de mans do alcalde, Abel Caballero e do concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector os diplomas acreditativos dos cursos e obradoiros realizados o longo deste ano. Os cursos centraronse en formación básica, primeiros auxilios, voluntariado en servicios sociais, habilidades socias, lingua de signos,risoterápia e relaxación.

martes, 22 dec 2009
1261491625alcaldeyvoluntarios.jpg
Voluntarios da Regata de Desafío Atlántico de Grandes Veleiros
Neste momento a Oficina de Municipal de Voluntariado (OMV) conta con mais de 700 persoas inscritas, das que aproximadamente a metade están activas e colaboran con mais de 90 entidades da cidade, apoiando as actividades que estas levan a cabo durante todo o ano, sobre todo no ámbito social, pero tamén no medioambental, cultural, ou de ocio, destacando tamén a colaboración dos voluntarios/as da OMV en eventos deportivos como a VIG-BAY e o Desafío Atlántico de Grandes Veleiros ou mesmo relixiosos como a Procesión do Cristo da Victoria.

A Oficina de Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, conta ademais con programas de intervención propios como o de acompañamento a persoas maiores ou o de apoio escolar, en colaboración co departamento de Benestar Social, e segue a desenvolver unha importante labor de sensibilización para dar a coñecer á OMV e despertar a sensibilidade da poboación da cidade para que colaboren nos proxectos que se están a desenvolver.

Nestes senso de cara o novo ano está previsto levar a cabo unha colaboración co Plan de Voluntariado no Camiño, proxecto que porá en marcha a Xunta de Galicia con motivo da celebración do Xacobeo 2010.
Descargar todas as imaxes

Máis información