O tenente de alcalde asina un convenio con CIG, UGT e CC OO para colaborar na difusión das medidas contra a crise
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asinou este luns un convenio de colaboración cos respectivos secretarios comarcais das centrais sindicais CIG, Serafín Otero, UGT, Antonio Juste, e CC OO, José Cameselle. En virtude deste convenio, a Tenencia de Alcaldía aportará 16.600 euros a cada sindicato para manter oficinas de información sobre as medidas que dende as concellerías nacionalistas se poñen en marcha para paliar os efectos da actual crise económica.
"Na Tenencia de Alcaldía temos moi claro que en tempo de crise a prioridade é desenvolver políticas encamiñadas a paliar as súas consecuencias nos sectores máis desfavorecidos", afirmou Santi Domínguez. Sinalou que precisamente neste sentido van as axudas para familias e para o pequeno e mediano comercio convocadas pola Tenencia de Alcaldía, así como o incremento das axudas de emerxencia e comedor. "Para o BNG hai un sector social da sociedade que son os traballadores e traballadoras, que son os que máis sufren as crises causadas polas políticas neoliberais", indicou.
O tenente de alcalde explicou que dende hai días se está traballando na procura de chegar a este acordo de colaboración, polo que en cada sede sindical existirá unha oficina de información municipal sobre as medidas que poden ser de interese para os traballadores e traballadoras. Ademais, os sindicatos comprométense a divulgar as dintintas actuacións de carácter social e a prestar asesoramento para poñer en marcha outras iniciativas e acadar así, segundo afirmou Santi Domínguez, que sexan "máis efectivas".
Por parte da Tenencia de Alcaldía, ademais de destinar 16.600 euros a cada central sindical para o mantemento da respectiva oficina de información, o convenio recolle o compromiso de contar cos tres sindicatos para colaborar no traballo social e a creación dunha comisión de seguimento "para supervisar as accións que se desenvolvan". Esa comisión contará coa representación da Tenencia de Alcaldía e de cada unha das centrais sindicais. Santi Domínguez agradeceu aos tres sindicatos pola súa colaboración e salientou o seu papel de "mirada crítica do goberno municipal", que ten o obxectivo de mellorar as actuacións que se poñan en marcha.
O secretario comarcal de CIG, Serafín Otero, dixo que en tempo de crise todo o que se ofreza á cidadanía "é pouco", e salientou que o convenio vén a "harmonizar a xestión" posto que son centos das personas que se achegan aos sindicatos solicitando axudas. Neste sentido explicou que o documento trata de "achegar o que ofrecen as administracións públicas á cidadanía", entre os que mencionou os traballadores e os inmigrantes, así como "fortalecer a relación entre a administración e os sindicatos".
O secretario comarcal de UGT, Antonio Juste, afirmou que dende o sindicato que representa "aplaudimos a iniciativa da Tenencia de Alcaldía que vén nuns momentos moi difíciles para o conxunto da clase traballadora". Sinalou que o convenio permitirá ampliar o traballo que se viña desenvolvendo co obxectivo de "chegar a máis capas da sociedade" e que as conversas periódicas que se manterán servirán para elaborar outras iniciativas "para o beneficio do conxunto da sociedade".
O secretario comarcal de CCOO, José Cameselle, "afondando nas palabras do tenente de alcalde" destacou que o acordo establece a dinámica que marcará o compromiso entre os sindicatos e a Tenencia de Alcaldía, posto que apuntou que o traballo social é unha "cuestión importante que os sindicatos temos asumido, sobre todo nunha cidade como Vigo".
Descargar todas as imaxes