A Axenda dos Mercados servirá para "dar a coñecer" o comercio vigués
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, presentou este venres a Axenda dos Mercados Municipais de Vigo, unha iniciativa que se enmarca na aposta polo pequeno e mediano comercio da cidade. Segundo explicou o concelleiro, 4.000 exemplares da axenda serán distribuidos en todos os postos dos sete mercados municipais, para dotar aos vendedores dun "instrumento para difundir e dar a coñecer" estes establecementos municipais.
O tenente de alcalde explicou que a axenda recolle imaxes de todos os mercados así como dos responsables dos postos, polo que ao seu xuízo tamén servirá "para que se coñezan entre eles". Ademais, a publicación tamén inclúe consellos para seguir unha alimentacións saudable e 55 receitas baseadas en produtos que se poden adquirir nestes establecementos. A súa distribución nos mercados de Berbés, Bouzas, Cabral, Progreso, Teis e Travesas será gratuíta de forma que os propios vendedores e vendedoras poderán agasallar aos seus clientes.
"Esta iniciativa tivo moi boa acollida entre os vendedores segundo afirmaron os xerentes dos mercados", dixo o tenente de alcalde. Santi Domínguez afirmou que esta proposta se suma ás axudas concedidas ás familias para fomentar o consumo así como as destinadas aos pequenos e medianos comercios para paliar as consecuencias da crise.
"A maior calidade do peixe, da carne e dos produtos do campo atópase nos mercados municipais, que ofrecen ademais unha atención directa e persoal", salientou Santi Domínguez. Neste sentido destacou que estes establecementos xogan un papel fundamental na aposta que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio está levando a cabo a prol do pequeno e mediano comercio e que se materializa no Plan dos Mercados Municipais. Este proxecto prevé actuacións de modernizacións e mellora nas instalacións, entre as que se atopa a remodelación do mercado de O Progreso
Respecto á remodelación do mercado do Progreso, en resposta aos medios, explicou que o proxecto está en fase de elaboración e sinalou que durante o tempo que duren as obras, instalarase provisoriamente os postos na praza do Progreso. No tocante á reforma de coñecida como rúa das Obras, indicou que a semana que vén "poderá estar rematada", xa que se está finalizando a remodelación dos laterais.
O tenente de alcalde salientou que na aposta polo pequeño e mediano comercio de Vigo potenciar os mercados é un "obxectivo fundamental", e para acadalo destacou a sú modernización e difusión. Neste sentido lembrou que as axudas para as familias