martes, 15 dec 2009
O equipo de Patrimonio Histórico, co concelleiro-delegado da área Eudosio Álvarez á cabeza, presentará o vindeiro xoves o proxecto de musealización do xacemento de O Castro, nun acto que se celebrará ás 20 horas no edificio municipal da rúa Areal nº 46 (antigo reitorado). No acto, os distintos integrantes do equipo explicarán as liñas básicas do proxecto, a súa orixe, os aspectos das actuacións arqueolóxicas e o sistema de visitas.
martes, 15 dec 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes que dende o seu departamento se está a buscar un espazo no que De Boa Man poida expoñer os seus produtos durante todo o ano e ter a oportunidade de vendelos ao público. A edil afirmouno na inauguración da carpa que estará instalada na rúa do Príncipe ata o día 18 de decembro, e onde fixo un chamento á cidadanía para que apoie esta iniciativa ao mercar os agasallos navideños. Esta actividade levarase a cabo en horario continuado de 10.00h a 20.00h.
martes, 15 dec 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou hoxe unha nova edición da campaña a prol do uso non sexista dos xogos e os xoguetes dirixida especialmente aos adultos. Baixo os títulos "Valo privar de xogar?" e Vaste privar de xogar?" a iniciativa insiste na necesidade de traballar na coeducación dende a casa.
martes, 15 dec 2009
The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes. Comparten afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective ou Six Organs of Admittance, se ben con características propias. The Dodos actuarán o xoves, 17 de decembro, no MARCO a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 12 euros.