xoves, 17 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves o primeiro Simposio Internacional Ecolingua, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), que se celebrará ata o vindeiro sábado 19 de decembro no Centro Social Caixanova. Na súa intervención, o concelleiro destacou que estas xornadas son ferramentas básicas para "desterrar falsidades sobre a imposición do galego".<br />
<br />
xoves, 17 dec 2009
O equipo de Patrimonio Histórico, co concelleiro-delegado da área Eudosio Álvarez á cabeza, presenta hoxe xoves o proxecto de musealización do xacemento de O Castro, nun acto que se celebrará ás 20 horas no edificio municipal da rúa Areal nº 46 (antigo reitorado). No acto, os distintos integrantes do equipo explicarán as liñas básicas do proxecto, a súa orixe, os aspectos das actuacións arqueolóxicas e o sistema de visitas.
xoves, 17 dec 2009
O alcalde de Vigo recibiu hoxe xoves a Federico Amor Sanjurjo, presidente de Begano, concesionaria de Coca-Cola en Galicia, empresa galega que celebra este ano o seu 50 aniversario. As actividades organizadas teñen carácter grastronómico, deportivo, cultural e musical, e inclúen a creación dun logo conmemorativo e a edición limitada dunha botella, entre outras.
xoves, 17 dec 2009
As concelleiras de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves a nova guía de "Expresións habituais en inglés no ámbito sanitario galego", incluida dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo. Na presentación, na que tamén participaron os autores Diego Sanmartín, licenciado en Filoloxía Inglesa, e Jorge Cameselle, doutor en Medicina e Cirurxía, as nacionalistas salientaron que esta iniciativa "da resposta a unha necesidade" nun ámbito como o da sanidade no que o uso do galego é baixo.
xoves, 17 dec 2009
O legado artístico de Laxeiro convertese no primeiro recollido nun Catálogo Universal que foi presentado onte nas instalacións do Centro Cultural de Caixanova en Vigo, dentro dun acto ó que asistiron representantes de diferentes ámbitos da vida galega. A publicación, editada por Galicia Nova, en galego, castelán e inglés reúne 3.581 obras de Laxeiro recollidas no papel e en formato DVD.
xoves, 17 dec 2009
A campaña didáctica de teatro en inglés para escolares que se inclúe no programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" remata o venres 18 de decembro ás 11,00 horas no Auditorio Helios de Bembrive. Á escenificación desta versión en grande formato da obra "Teddy Bear" especialmente deseñada para o seu uso didáctico asistirán 350 escolares de 5º e 6º de primaria de 9 centros de ensino da nosa cidade.<br />