venres, 18 dec 2009
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe venres un informe encargado a empresa Wildwets sobre o estado actual de VigoZoo e o seu grado de cumprimento coa legalidade. Ademais do cumprimento da lei, os técnicos externos recoñecen as melloras realizadas no zoo, a súa seguridade, a adaptación paisaxística en marcha e o bó estado dos animais. Segundo as cifras ofrecidas por Lago, o goberno local investiu sobre un millón de euros en VigoZoo nos últimos dous anos.
venres, 18 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron hoxe venres a restauración do mosaico publicitario da segunda década do século pasado que se atopa ao comezo da rúa Policarpo Sanz e fronte a Porta do Sol, donde se levou a cabo unha ampla remodelación desta céntrica zona. A recuperación do vello mural de cartelismo cerámico, coñecido como o anuncio do león, tivo una inversión de 12.000 euros e forma parte da líña da Concellería de Patrimonio Histórico, que no caso de hoxe centrouse nunha estructura relacionada co patrimonio da era industrial da cidade de Vigo.
venres, 18 dec 2009
No marco da programación de Nadal organizada pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, a carpa situada na Porta do Sol acollerá o vindeiro domingo 20 de decembro ás 20 horas, a actuación do prestixioso gaiteiro Patrick Molard. O recital incorporará música de gaita escocesa, irlandesa e bretona, así como de Galiza e o seu repertorio estará composto tanto por temas tradicionais como do propio autor.
venres, 18 dec 2009
A partir do venres, 18 de decembro, comezan no MARCO os obradoiros infantís de Nadal, que estarán en marcha nas vindeiras semanas. Un programa que ofrece ao público infantil e familiar a posibilidade de aproveitar o tempo de lecer neste período de vacacións escolares, desfrutando das posibilidades que ofrece a creación artística, e potenciando a función do museo como lugar de encontro social.
venres, 18 dec 2009
Baixo o título Diversión, creación e ciencia, o Museo do Mar volve a abrir as súas portas a todos os nenos e nenas de Galicia cos obradoiros de Nadal, centrados, nesta ocasión, na figura de Darwin. Dende o sábado 19 de decembro, comezarán as distintas actividades dirixidas a rapaces de entre 5 e 14 anos.
venres, 18 dec 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, presentou este venres a Axenda dos Mercados Municipais de Vigo, unha iniciativa que se enmarca na aposta polo pequeno e mediano comercio da cidade. Segundo explicou o concelleiro, 4.000 exemplares da axenda serán distribuidos en todos os postos dos sete mercados municipais, para dotar aos vendedores dun "instrumento para difundir e dar a coñecer" estes establecementos municipais.
venres, 18 dec 2009
Durante catro días e como en anos anteriores, varios pavillóns municipais recibirán este Nadal o Torneo Solidario Multideportivo Nadal en Vigo, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e de Caixanova e a organización do Coruxo F.C., a Federacón Galega de Fútbol Sala e a empresa Tiempo Muerto. O torneo será para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que xogarán ao baloncesto, balonmán ou fútbol sala.
venres, 18 dec 2009
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, recibiu esta mañá no Concello aos clubs de elite que forman parte da Fundación Vide para manter un pequeno encontro por Nadal, no que aproveitou para facerlle entrega da primeira doazón da tempada.
Promoción Económica e Emprego
venres, 18 dec 2009
Comunícase que o sábado 19 de decembro publicaranse as listaxes de admitidos/as e excluídos a candidatos/as a Peóns e Oficiais técnicos e abrirase un prazo de alegacións e subsanación de erros dende o domingo 20 de decembro ata o xoves 24 de decembro de 2009.
Mobilidae e Seguridade
venres, 18 dec 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da finalización das obras de humanización na rúa Torrecedeira, realizadas pola empresa Sercoysa, restablecerase o sentido de circulación anterior as obras, é dicir, a rúa Torrecedeira en doble sentido de circulación,dende a Glorieta de Xoan XXIII ata Santa Marta, e a rúa Llorente, sentido de circulación Torrecedeira Santa Marta, o venres 18 ás 10 horas da mañá.<br />
Mobilidade e Seguridade
venres, 18 dec 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por finalización das obras de humanización na rúa Zamora, a realizar pola empresa Eiriña, restablecese o tráfico no tramo que permanecía pechado e asi mesmo a rúa Tarragona recobra o sentido único de circulación dende Pintor Colmeiro a Gran Vía, dende o martes 22 de decembro de 2009 ás 10.00 horas.