Presentación pública do proxecto de musealización do xacemento de O Castro
O equipo de Patrimonio Histórico, co concelleiro-delegado da área Eudosio Álvarez á cabeza, presenta hoxe xoves o proxecto de musealización do xacemento de O Castro, nun acto que se celebrará ás 20 horas no edificio municipal da rúa Areal nº 46 (antigo reitorado). No acto, os distintos integrantes do equipo explicarán as liñas básicas do proxecto, a súa orixe, os aspectos das actuacións arqueolóxicas e o sistema de visitas.
A presentación do proxecto comezará cunha introducción a cargo de Eudosio Alvarez, na que explicará o cometido de cada un dos compoñentos do equipo. Posteriomente, intervirá a arqueóloga municipal, Cristina Toscano Novella, que falará da orixe do proxecto. A redactora e coordinadora xeral da iniciativa, Matilde González explicará as liñas básicas do proxecto.
No tocante a cuestións máis concretas, o representante de Terra Arqueos, Luís Fco López, dará conta dos resultados da limpeza e a reescavación, os plantexamentos da consolidación e a reconstrución da unidade familiar. A representante do CSIC, Rebeca Blanco, falará da lectura e os seus resultados; a arquitecta Guadalupe Piñera sinalará os aspectos arquitectónicos do proxecto; a poñente de Deideas, Marta Fontán explicará as actuacións relacionadas coa ilustración dos vestixios, a maqueta tiflolóxica e sinaléctica.
Finalmente, o concelleiro de Patrimonio Histórico indicará as principais cuestións sobre o sistema de visitas do xacemento, que se configura como un espazo do futuro museo da cidade. Ao remate da súa intervención abrirase unha quenda de preguntas ou suxestións para que poida participar o público asistente.

Máis información
- Proxecto de revalorización e musealización dos restos arqueolóxicos do Castro
- Ver web: A musealización dos restos arqueolóxicos do Castro conta cun investimento superior a un millón de euros
- Ver web: Santi Domínguez subliña que por primeira vez se actúa para pór en valor e musealizar o xacemento de O Castro
- Ver web: A musealización de O Castro terá unha maqueta tiflolóxica e textos en braille para facela accesible aos discapacitados