Santi Domínguez di que Ecolingua é unha ferramenta básica para "desterrar falsidades sobre a imposición do galego"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves o primeiro Simposio Internacional Ecolingua, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), que se celebrará ata o vindeiro sábado 19 de decembro no Centro Social Caixanova. Na súa intervención, o concelleiro destacou que estas xornadas son ferramentas básicas para "desterrar falsidades sobre a imposición do galego".<br /> <br />
"É preciso trasladar á sociedade que o galego non é un problema, senón un valor", afirmou o tenente de alcalde. Para o nacionalista, como parte do proceso de normalización da lingua, os galegos e galegas debemos "estar orgullosos de ter unha lingua propia", polo que afirmou que ese sentimento nos debe impregnar a todos e todas, "tamén aos que non o empregan habitualmente", sinalou.
No marco de Ecolingua celebraranse máis de 20 conferencias, mesas redondas e presentacións nas que participarán medio cento de especialistas galegos, do resto do Estado e doutras partes do mundo. O seu obxectivo é analizar a realidade sociolingüística de Galiza e dar a coñecer aos galegos e galegas modelos e políticas relacionadas coa lingua e os procesos de normalización noutros países plurilingües. Neste sentido, Santi Domínguez fixo referenza á análise que se fará do finés, as linguas bálticas e o caso do Quebec. Ao seu xuízo, estes son "casos de convivencia lingüística" que poden aportar suxestións "para a normalización do noso idioma sen que haxa conflito".
O tenente de alcalde expresou o seu agradecemento ao IGEA, presidido polo ex vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, por elixir Vigo para celebrar o simposio, "porque esta cidade ten moito que dicir na procura da normalización da nosa lingua". Asemade, felicitou aos organizadores, porque afirmou que é necesaria unha corrente de "achegamento ao proceso de normalización".
Segundo Santi Domínguez, ao longo das xornadas haberá pluralidade de ideas posto que se pretende afondar "desde distintas perspectivas" no fenómeno da lingua. Así, o programa inclúe ponencias sobre a situación lingüística en diversos ámbitos, como os medios de comunicación, o ensino, as institucións, o mundo da empresa, as culturas emerxentes ou a sociedade civil. Ademais, tamén participarán as diversas plataformas implicadas no actual debate lingüístico, que o tenente de alcalde lamentou que derive hacia unha "campaña de descrédito" contra o galego. "Estas xornadas servirán para realizar unha análise realista da situación do galego", manifestou o tenente de alcalde.
Descargar todas as imaxes