A Fundación Vide entregou 66.000 euros a once clubes de elite da cidade nas primeiras axudas da tempada<br />
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, recibiu esta mañá no Concello aos clubs de elite que forman parte da Fundación Vide para manter un pequeno encontro por Nadal, no que aproveitou para facerlle entrega da primeira doazón da tempada.
O concelleiro fixo fincapé en que o seu departamento subiu as axudas ao deporte a pesar da crise e tamén valorou que Vide, "a pesar de nutrirse fundamentalmente de apoios privados, soubo responder diante da crise e mantivo a mesma cantidade global para a elite que hai un ano". A cantidade que se distribuiu entre os 11 equipos foi de 66.000 euros.
Os clubs beneficiados foron Pilotes Posada, C.D. Bosco (Celta Indepo), C.D. Amfiv (Aldasa), El Olivo Caixanova, C.V. Vigo, Vigo Stick (Toshiba), Cidade de Vigo Básquet (KICS), Universidade de Vigo Ednon, Halcones, Coruxo F.C. (fútbol sala) e Xuvenil de Teis (Turismo de Vigo).
Descargar todas as imaxes