O tenente de alcalde subliña que a Supercopa de fútbol sala servirá para potenciar a cidade e fomentar o deporte base
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presidiu este luns o sorteo das semifinais da XX edición da Supercopa de España de Fútbol Sala, que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de xaneiro no pavillón de As Travesas. No acto, que determinou o enfrontamento de El Pozo Murcia Turística co F.C. Barcelona na primeira semifinal e o Inter Movistar co Xacobeo 2010 Lobelle Santiago na segunda, o tenente de acalde afirmou que a celebración deste evento ten por obxectivo que Vigo se sitúe "no máis alto" e que sirva para "potenciar o deporte base".
"Para Vigo é tremendamente importante acoller esta Supercopa", afirmou o nacionalista, xa que ao seu xuízo a cidade ten unha "gran traxectoria deportiva". Santi Domínguez asegurou que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes "estamos empeñados en que os nenos e nenas practiquen deporte", polo que manifestou o seu convencemento que a celebración deste evento contribuirá a elo. No sorteo que tivo lugar nunha carpa ubicada na recén reformada Porta do Sol e que contou tamén coa presenza do concelleiro de Deportes Xabier Alonso, o nacionalista asegurou que a Supercopa será un "éxito de público" e expresou o seu desexo de que este torneo "veña para quedarse".
O presidente da Federación española de fútbol sala, Javier Lozano, agradeceu ao tenente de alcalde a súa confianza na Federación para organizar a Supercopa. "Queremos que sexa unha auténtica festa e que sirva para cumprir os obxectivos" de fomentar que os nenos practiquen deporte e que o público se divirta. "A Liga Nacional de Fútbol Sala vén a Vigo para quedarse e para que toda a cidade se enganche ao fútbol sala", confirmou Lozano tras a celebración do sorteo.
da cidade", salientou. á o nacionalista afirmou que se trata "dun evento deportivo da máxima calidade que servirá tamén para seguir promocionando Vigo".
Para decidir o emparellamento das semifinais que terán lugar o xoves, 7 de xaneiro, empregouse nesta ocasión un novo sistema, no que se utilizou unha portería de futbol sala. Jabier Lozano, e Xabier Alonso foron os encargados de lanzar os tiros a porta que decidiron a primeira semifinal, mentres que Santi Domínguez e o vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, lanzaron os que determinaron a segunda.
Descargar todas as imaxes