O tenente de alcalde afirma que o Plan Local de Drogas é "bo exemplo" do traballo planificado de Benestar Social
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este luns as sétimas xornadas do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións que se celebran hoxe e mañá baixo o título "Conductas adictivas e inclusión social" e que reúne a 150 participantes. No acto, que tamén contou coas intervencións da concelleira de Benestar Social, María Méndez, e a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijoo, o nacionalista afirmou que o PLDA é "bo exemplo" do traballo planificado e dende a implicación de todos os sectores relacionados que está a desenvolver a Concellería de Benestar Social.
O tenente de alcalde salientou na súa intervención que as xornadas están organizadas "por e para os traballadores e traballadoras" neste campo, partindo do seu propio labor, polo que augurou un rotundo éxito de cara a consolidar o traballo planificado e dende a base. Segundo Santi Domínguez, estas xornadas servirán tamén para que o traballo en rede se achegue "ás distintas capas e colectivos da sociedade".
"Estamos a cambiar a tendencia asistencialista que predominaba nas actuacións da Concellería de Benestar Social", explicou o tenente de alcalde. Ao seu xuízo, aínda que é preciso manter certo grado de asistencialismo, resulta fundamental centrarse na "prevención planificada no tempo e na súa vertebración". Neste sentido destacou que o programa das xornadas debe servir ás administracións para reflexionar sobre a importancia de "traballar conxuntamente" para que os problemas se poidan tratar "dende a raíz".
Expresou os seus parabéns á concelleira de Benestar Social e o seu equipo, así como ás persoas participantes nas xornadas o seu esforzo par "dar resposta ás necesidades da sociedade". Asemade, agradeceu a presenza da xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijoo, quen comentou os datos do décimo estudo epidemiolóxico do consumo de drogas en Galiza, realizado no 2009. Este documento constata o descenso do consumo de drogas entre a poboación de 12 a 19 anos, agás a cocaína, e o descenso do consumo de alcol.
María Méndez salientou que o obxectivo da Concellería de Benestar Social, marcado hai dous anos e medio ao asumir o goberno municipal, consiste en afondar o traballo en rede. Ao respecto subliñou que a celebración das sétimas Xornadas do PLDA xogan un papel fundamental, xa que serven para "compartir experiencias e sinerxias que permitan acadar o reto de futuro da inclusión social". Indiciu en que foron organizadas para que todos os sectores que traballan nos programas de inclusión social poidan intercambiar experiencias e intercambiar os coñecementos.
"Neste momento de crise é cando máis se necesita o traballo en rede", destacou a concelleira de Benestar Social. Asegurou asemade que é preciso levar a cabo o traballo conxuntamente "para mellorar a calidade de vida de todas as persoas". Finalmente, agradeceu a presenza de todas as entidades participantes nas xornadas, así como as persoas integrantes do servizo de Benestar Social do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes