Escoitar

O alcalde anuncia que en seis meses estará implantada a simplificación administrativa no Concello de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe luns que nun plazo de seis meses estará concluido o trámite de simplificación administrativa que obriga a utilización da tecnoloxía electrónica en todos os ambitos da burocracia municipal. Desta maneira no Concello de Vigo reduciranse os prazos, trámites e documentos para que así ese proceso encaixe na posta en marcha da ventanilla única nas dependencias municipais.

luns, 21 dec 2009
1261402375DSC02537.JPG
Abel Caballero calificou de reseñable a medida tomada na Xunta de Goberno Local en relación coa simplificación dos trámites que se fagan no Concello de Vigo, de acordo coas directivas europeas ao respecto, o cal "constituirá un revulsivo nas adminitración locais e concretamente no Concello de Vigo", indicou o alcalde, quen fixo referencia que se aprobou unha proposta propia desa obligatoriedade eléctrónica para todos os actos administrativos que se plantexen.

A simplificación administrativa permitirá aos cidadáns, por exemplo, que podan dar autorización ao Concello para que trámite os documentos que presenten doutras administracións. Como primeiros avances desa medida, Abel Caballero citou que xa hai un grupo de traballo de Urbanismo que vai a ter entre un mes e seis de tempo na emisión de licencias simplificadas.

O modelo de ordenanza que se aplica no caso da simplificación no Concello de Vigo é o que a Federación Española de Municipios e Provincias comenzou a repartir en diferentes concellos.

Axudas a asociacións
O alcalde tamén deu a coñecer as subvencións aprobadas por un total de 35.000 euros con destino a asociacións corais e polifónicas da cidade. Asemesmo outorganse axudas en Participación Cidadá por un montante de 225.000 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou un total de 225.000 euros como asignacións para as asociacións veciñais, cantidade que cobre todas as peticións feitas según manifestou o rexidor municipal, quen engadiu que a esa cifra hai que sumar os 244.000 euros xa concedidos nese ámbito.

A Xunta de Goberno Local deu o visto bó a axudicación da cuberta central do parque de bombeiros de Teis que desta maneira conta con un presuposto de 125.000 euros. A cantidade de 86.000 euros aprobada ten como finalidade a reposición de luminarias e os seus soportes. Ademáis adxudicouse o contrato para instalar 300 novos bancos nas rúas de Vigo, donde haberá unha inversión de 70.000 euros. No que vai deste ano, subliñou Caballero, se levan colocados 300 bancos na cidade, e se espera que para o 2100 sexan 1.000 máis.

O alcalde recordou que a instalación de bancos nas rúas responde a necesidade que ten a poboación dese mobiliario nunha ciudade aberta ao paseo con abundante poboación infantil e da terceira idade que ata fai pouco non dispoñía de sitios para sentarse.
Descargar todas as imaxes