O alcalde avanza que a finais de xaneiro estará rematado o proxecto arquitectónico da nova estación de Urzáiz
Segundo indicou Abel Caballero, o premiado arquitecto Thom Mayne -encargado do deseño da nova estación- presentará a mediados de xaneiro ao alcalde unha maqueta da súa "espectacular" proposta arquitectónica para Urzáiz, que será definitiva a finais do citado mes. A futura estación non lle custará "nin un céntimo" ao Concello, que gañará ademais 40.000 metros cadrados de espazo na azotea do futuro edificio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns que recibirá o proxecto arquitectónico definitivo da nova estación ferroviaria de Urzáiz -elaborado polo premio Pritzker, Thom Mayne- a finais de xaneiro de 2010.
O rexedor vigués adiantou asemade que a mediados de xaneiro recibirá unha "espectacular" maqueta do proxecto, que será analizada cos técnicos de Urbanismo e os responsables municipais. Tras o acordo entre as partes pasará a ser definitiva a proposta.
O alcalde tiña previsto para este luns unha reunión cos responsables de ADIF, Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, dependente do Ministerio de Fomento, que tivo que ser anulada polas adversas condicións climatolóxicas no aeroporto de Madrid. Caballero avanzou que a reunión terá lugar posiblemente mañá martes, cita na que ADIF fará entrega da solicitude de licenza municipal para a nova estación de Urzáiz.
Abel Caballero -tal e como asegurou fai dous días o Ministro de Fomento, José Blanco, durante a súa visita á Vigo para iniciar a construcción da estación provisional de Guixar- recordou que o investimento do Goberno de España só no aspecto ferroviario ascende a 60 millóns de euros.
O alcalde afirmou que o importe definitivo superará amplamente esta cifra pois haberá que sumarlle os ámbitos comerciais e urbanos derivados da nova infraestrutura. Esta parte será asumida íntegramente pola empresa Vialia, pois o Concello de Vigo non aportará "nin un céntimo" para Urzáiz; é máis, a cidade percibirá 40.000 metros cadrados de espazo público na azotea do futuro edificio, o espazo correspondente a "sete campos de fútbol", exemplificou o rexedor vigués.
4,7 millóns para parques
Na mesma rolda de prensa celebrada con posterioridade á Xunta de Goberno Local, Abel Caballero adiantou que o Concello destinará 4,7 millóns de euros do orzamento municipal de 2010 para parques infantís.
"Imos darlle unha volta" aos parques infantís da cidade, asegurou o alcalde, pois o investimento neste ámbito pasará dos 700.000 euros anuais destes pasados anos aos 4,7 millóns de 2010. O rexedor socialista recordou que nos últimos dous anos xa foron creados ou mellorados un total de 58 parques infantís.