Santi Domínguez reafirma a aposta pola xestión pública dos servizos de benestar na visita ao o centro de día Atalaia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este martes as instalacións do centro de día Atalaia, onde mantiveron unha xuntanza cos usuarios e usuarias do centro, así como coa súa plantilla. No encontro o tenente de alcalde asegurou que estas instalacións son un bo exemplo do preciso que é continuar apostando pola xestión pública dos servizos de benestar.
O nacionalista garantíu que desde a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social seguirase traballando para ampliar a cobertura pública na prestación dos servizos sociais. "Tense demostrado que os centros públicos son garantía dunha atención de calidade, profesional e próxima aos usuarios. É preciso que ese camiño que se iniciou nos últimos anos non teña volta atrás", advertiu.
No transcurso da visita, o tenente de alcalde gabou o traballo que se está a desenvolver neste centro público coas persoas maiores e destacou que a súa atención cálida e de calidade e valorada moi positivamente polos seus usuarios, así como polas súas familias. Asemade, trasladou aos empregados do centro a aposta firme da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar para que se manteñan os servizos sociais públicos, fronte ás privatizacións que está anunciando o Partido Popular no goberno da Xunta de Galiza e que en Vigo tería a súa primeira aplicación no centro de día da rúa O Grove.
Santi Domínguez lembrou que o centro de día Atalaia foi o primeiro público aberto en Vigo coa axuda do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e destacou que este modelo de xestión é o acaído para garantir a calidade de vida das persoas que atende. O centro Atalaia ofrece atención terapéutica e integral ás persoas maiores de 65 anos cumpridos ou excepcionalmente ás persoas maiores de 60 anos que presenten unha situación de dependencia física, psíquica ou social ou en risco de padecela. Ofrece asemade programas de intervención tanto respecto ás capacidades físicas como funcionais dos usuarios e usuarias, así como programas de atención sanitaria, de intervención psicolóxica, socioeducativa e familiar.
Segundo o tenente de alcalde, a xestión pública destes servizos é o único xeito de garantir que as persoas maiores dispoñan destas atencións que lles permiten manter a súa autonomía. Pola contra, manifestou que a Xunta nin abre novos centros públicos nin asume os logros acadados polo anterior goberno bipartito en materia de servizos sociais.
Descargar todas as imaxes