O tenente de alcalde inicia no mercado de Teis o reparto da Axenda dos Mercados Municipais
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, iniciou este martes no mercado de Teis o reparto dos 4.000 exemplares da Axenda dos Mercados Municias. Tras a súa distribución no mercado de Teis, a axenda repartirase tamén nas instalacións do Berbés, Bouzas, Cabral, Progreso e Travesas, de xeito que os vendedores e vendedoras teñan "un instrumento para difundir e dar a coñecer" estes establecementos municipais cos que agasallar aos seus clientes.<br />
A Axenda recolle imaxes de todos os mercados e dos responsables dos postos, así como consellos para seguir unha alimentacións saudable e 55 receitas baseadas en produtos que se poden adquirir nestes establecementos.
Descargar todas as imaxes