Escoitar

Vigolandia inaugúrase o sábado e afonda no seu carácter social coa incorporación dun punto de recollida de xoguetes

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a séptima edición de Vigolandia, que se celebra do 26 ao 30 de decembro, afonda no seu carácter social coa incorporación "por primeira vez" dun punto de recollida de xoguetes para entregar a entidades benéficas da cidade. Segundo o tenente de alcalde, trátase xa dunha das propostas "tradicionais do Nadal" de Vigo, xunto ao alumeado, a cabalgata ou o resto de actividades que organizan a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura.

martes, 22 dec 2009
1261490737vigolandia09.jpg
Santi Domínguez salientou que Vigolandia compaxina ese carácter social e solidario, manifestado tamén pola doazón da recadación da entrada a dúas ou tres asociacións da cidade", co feito de ser a festa de "ocio e lecer" por antonomasia do Ifevi. Explicou que o seu prezo é simbólico, de 2 euros para os menores de 14 anos e de 3 euros para os maiores, que inclúe a entrada aos espectáculos previstos para o salón de actos. "O ano pasado acudiron máis de 20.000 persoas e estamos convencidos de que este ano superaremos esta cifra", dixo na presentación, na que tamén participaron Xesus López, concelleiro de Cultura; Arsenio Prieto, xerente do Ifevi e Jorge Santos en representación de Caixanova..

O tenente de alcalde indicou que 1.300 debuxos de nenos e nenas de vinte colexios públicos e concertados da cidade participaron este ano no Concurso de Pintura de Vigolandia. Expresou o seu agradecemento ás entidades organizativas e a colaboradoras, así como a Concellería de Cultura, porque ao seu xuízo "todas as axudas son tremendamente importantes para o desenvolvemento da festa".
O concelleiro de Cultura dixo que esta séptima edición de Vigolandia, que se celebrará baixo o lema "A gran festa do Nadal no IFEVI", ofrece actividades para nenos e nenas a partir dos 0 anos. Asegurou que unha das "actividades estrela" desta convocatoria será a piscina con esfera, na que poderán participar cativos e cativas de máis de 7 anos. Asemade, indicou que o auditorio acollerá todos os días ás 18 horas espectáculos teatrais dirixidos a todos os nenos e nenas.

O representante de Caixanova Jorge Santos, fixo un chamamento á cidadanía a "pasar por taquilla" dado o carácter benéfico da festa. Explicou que as propostas de Caixanova en Vigoferia manteñen as actividades clásicas "pero dende a óptica das novas tecnoloxías", como a actividade do contacontos dixital, deixando "aberta á creatividade" dos máis pequenos.
Descargar todas as imaxes