Xabier Alonso anima a participar na carreira popular e solidaria San Silvestre que se celebrará o día 31 en Castrelos
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo hoxe un chamamento a participar na carreira popular San Silvestre, que se celebrará o vindeiro 31 de decembro no parque de Castrelos a partir das 17 horas. Na presentación da proba o concelleiro resaltou a combinación de deporte e solidariedade da carreira, xa que os corredores deberán doar alimentos non perecedeiros a modo de inscrición que posteriormente serán entrados á asociación Afán.
O concelleiro de Deportes expresou os seus parabéns ao presidente do Clube Atletismo Vigo, Evaristo Pereira, a súa aposta por esta iniciativa, que este ano cumpre a súa quinta convocatoria. Afirmou asemade que o atletismo é unha práctica deportiva na que a solidariedade está presente habitualmente.
"Con esta iniciativa queremos axudar e facer un chamamento para promocionar o atletismo", destacou Evaristo Pereira. Na súa intervención lembrou que na convocatoria pasada recadáronse 4.500 quilos de alimentos "que foron para as familias máis necesitadas". Respecto ao percorrido da proba, un total de 6 quilómetros salientou que será "moi cómodo" e finalmente agradeceu ao Concello de Vigo e en especial ao concelleiro de Deportes a súa colaboración.
Descargar todas as imaxes